xoves, 6 de marzo de 2014

Unha vez rematada a segunda actividade mostramosvos as fotos do desenvolvemento da mesma e do ben que nolo pasamos realizándoa xa que íamos disfrazados por mor do entroido.





 Iniciamos a actvidade cun traballo de investigación no que a profe de coñecemento do medio nos propuxo realizar unha ficha sobre unha árbore senlleira de Galicia  e tamén resolver unha serie de preguntas sobre a xeografía, ríos e clima de Galicia.







A continuación tivemos que resolver esas mesmas preguntas por equipos para poder conseguir un mapa onde estaban sinaladas as árbores senlleiras que tiñamos que buscar por todo o colexio.





Guiados cada equipo polo mapa buscamos e rebuscamos ata atopar todas as árbores senlleiras para posteriormente colocalas nos respectivos mapas de Galicia que se atopaban na entrada do cole. Para podelas colocar no mapa antes tiñamos que responder unha pregunta sobre  a árbore senlleira que atopáramos, senon conseguíamos respondela ben sempre podíamos ir ata a zona de ordenadores da biblioteca para buscar a información.






Finalmente gañou o equipo que antes colocou correctamente todas as fotos das árbores senlleiras no mapa de Galicia que neste caso foi o equipo A.