Comezamos o curso 2013-2014 botando a andar unha iniciativa innovadora que nos propón a Xunta de Galicia dende o Plan Proxecta "Máis e mellor actividade física". Trataremos de profundizar nos contidos de Coñecemento do medio e Educación Física a través de actividades lúdicas fomentando o movemento; Farémolo unha hora semanal. Benvidos a este proxecto no que xuntos traballaremos co coñecemento e co movemento non só para o noso ben, senón pensando na mellora do medio natural da Baixa Limia.
venres, 29 de novembro de 2013
martes, 19 de novembro de 2013
O MAGOSTO E OS XOGOS POPULARES
O luns día 11 de Novembro celebramos o magosto no Ceip Xoaquín Lourenzo Xocas. Como o bo tempo nolo permitiu xogamos no noso patio; aqui deixamos unha pequena pegada do ben que o pasamos e do moito que nos esforzamos para non caer de fuciños.
A corda |
Xogo dos tres pés |
Carreira de sacos |
Carreira de relevos |
O xogo das chapas |
A mariola |
A castaña comedoira |
Os bolos |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)